ARRANXOS

Realízanse todo tipo de arranxos de instrumentos de corda e arco e restauracións de instrumentos antigos.

Axustes de instrumentos, cambio de cordas, pontes, clavixas, etc.

RESTAURACIONS MANDOLINAS

Restauración completa de mandolina modelo Stridello datada entre 1915 e 1925.

Arranxo de rotura de tapa. Novas pezas de decoración de nacar na tapa e restauración completa de borde de tapa. Restauración de clavixeiro e cordoeiro. Novas cordas e vernizado xeral.

Restauración completa de mandolina replica modelo Raffaele Calace de 1936. Datada entre 1940-1945.

Mastro roto en 2 pezas. Inexistencia de ponte. Completado de diapasón. Completar incrustacións e restauración completa do clavixeiro. Colocado de cordas e vernizado xeral.

ARRANXO E AXUSTE DE VIOLINS

Arranxo e restauracións de violíns. Cambio de cordas. Novas pontes, axuste de clavixas e alma, etc.

ARRANXO E AXUSTE DE VIOLONCHELO

Arranxo e restauracións de violonchelos. Cambio de cordas. Novas pontes, axuste de clavixas e alma, etc.

ARRANXO E AXUSTE DE CONTRABAIXO

Arranxo e restauracións de contrabaixos. Cambio de cordas. Novas pontes, axuste de clavixas e alma, etc.

ARRANXO E AXUSTE DE GUITARRAS

Restauracións de guitarras Carlson Levin de 1930 e Carlson Levin de 1940 

Arranxo de tapas, fondos, aros, pontes e clavixeiros en guitarras. Axustes e cambios de cordas.

ARRANXOS E AXUSTES VARIOS 

Arranxos e axustes en varios instrumentos de corda.