PANDEIRETAS

Pandeiretas con ferreñas temperadas ou sen temperar en madeira de:

Nogueira, cerdeira, bidueiro, pau santo, pradairo, piñeiro, etc.

As pandeiretas pódense personalizar con incrustacións, taias ou pirograbados.

Diferentes tamaños de 5, 6 ou 9 pares de ferreñas.

Posibilidade de funda para a pandeireta en varios modelos.

TAMBORIL

Tamboril tradicional galego en maderia de nogueira, pradairo, cerdeira ou freixo. Batedores en granadillo, buxo ou cocobolo.

Accesorios en inox e cromados con tensores de coiro.

Posibilidade de funda para o tamboril en varios modelos

CASTAÑOLAS

Castañolas en madeira de pau violeta, pau santo, pau ferro, cocobolo, pau rosa, ébano, granadillo, ipé, elondo, buxo, etc.

As castañolas entréganse coa sua correspondente funda para gardalas.

CULLERES

Culleres en madeira de pau violeta, pau santo, cocobolo, granadillo, pau ferro, etc.

As culleres entréganse coa sua correspondente funda para gardalas.

BAQUETAS

Baquetas en madeira de buxo, pau santo, pau violeta, granadillo, pau ferro, pradairo, etc.

Anelados en buxo, granadillo, pau vermello, pau violeta, etc.

PANDEIROS

Pandeiros cadrados tradicionais e de peña parda con maza en madeira de bubinga, buxo, etc.

Diferentes tamaños e acabados de borde cosido ou con cinta.

TARRAÑOLAS

Tarrañolas en madeira de pau rosa, buxo, pau santo, bubinga, cocobolo, granadillo, ipé, etc.

Tanto poden ser lisas como con incrustacións personalizadas, taias ou pirograbados. Diferentes tamaños.

As tarrañolas entréganse coa sua correspondente funda para gardalas.

VARIOS

 Claves, Cruces, paus de danzas e mazas en diferentes madeiras.